jueves, 27 de agosto de 2015

RV: O XV OPEN DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS CIDADE DE FERROL CELEBRARASE DENDE O 28 AO 30 DE AGOSTO



Enviado desde mi Windows Phone

De: CONCELLO DE FERROL
Enviado: ‎27/‎08/‎2015 14:40
Asunto: O XV OPEN DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS CIDADE DE FERROL CELEBRARASE DENDE O 28 AO 30 DE AGOSTO


O XV Open de tenis en cadeira de rodas "Cidade de Ferrol" dende o 28 ao 30 de agosto


Ferrol, 27 de agosto.- Catorce xogadores participarán no XV Open de tenis en cadeira de rodas "Cidade de Ferrol" que se celebrará os días 28, 29 e 30 de agosto, organizado pola Agrupación deportiva minusválidos de Ferrol e patrocinado polo Concello, coa Federación Galega de Tenis como co-organizadora do evento.


O torneo foi presentado esta mañá no Concello polo edil de Deportes, Bruno Díaz, e polos representantes da Agrupación deportiva minusválidos.


Con esta décimo quinta edición consolídase un torneo que xa é un dos decanos do circuito nacional e o máis importante Open desta modalidade deportiva en Galicia pola súa alta participación.


Os 14 xogadores deste ano procedente tanto de Galicia como de Cataluña, Valencia, Madrid ou Portugal. Entre os galegos contarase con 8 xogadores, entre os que destaca Félix García, subcampeón do mundo junior. A participación este ano de 14 xogadores leva a disputar o cadro denominado Principal. Ademais terá lugar un cadro de dobres.


Os partidos disputaranse no Club de Campo. O venres pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, serán as rondas de octavos de final e cuartos d dobres, e pola tarde, de 16:00 a 20:00, os cuartos de individual. Na mañá do sábado terán lugar os partidos de consolidación e as seminifinais de dobres, e pola tarde, as semifinais individuais e a final de dobres.


O domingo xogaranse ás 11:30 horas as finais individuais de consolidación e o cadro final, e terá lugar o torneo de exhibición de pádel.


No campionato entregaranse 700 euros en premios en metálico que se reparten en función dun baremo federativo e trofeos para os gañadores e subcampións de todas as categorías.


Dende a Agrupación deportiva transmitiron a súa intención de que o Open acade categoría internacional en próximas citas, dada a súa xa dilatada traxectoria e o interese de deportistas doutros países en participar nesta competición.





Concello de Ferrol

María Pan Blanco
Gabinete de prensa
Concello de Ferrol
eMail: mpan@ferrol.es

981 944 000 - Extensión 463 - 646 92 36 37

http://www.ferrol.es

 

Campeonato de Ferrol, Open.

Este fin de semana del 28 al 30 de agosto, disputaremos el Open de Ferrol, con la intención de revalidar el título.

A ver como va, de momento los rivales fuertes, Felix Garcia, Juan Gutierrez, Paulo Espirito Santo.